Skip to content
Antestreia
Antestreia

20 anos na fila da frente

  • Home
  • Filmes
    • Filmes 2003
    • Filmes 2004
    • Filmes 2005
    • Filmes 2006
    • Filmes 2007
    • Filmes 2008
    • Filmes 2009
    • Filmes 2010
    • Filmes 2011
    • Filmes 2012
    • Filmes 2013
    • Filmes 2014
    • Filmes 2015
    • Filmes 2016
    • Filmes 2017
    • Filmes 2018
    • Filmes 2019
    • Filmes 2020
    • Filmes 2024
  • Festivais
    • OvarVideo 2010
    • Porto7
    • San Sebastian 2007
    • Sitges
      • Sitges 2006
      • Sitges 2007
      • Sitges 2008
      • Sitges 2009
      • Sitges 2010
      • Sitges 2011
      • Sitges 2012
      • Sitges 2013
      • Sitges 2015
    • Shots
      • SHOTS 2011
      • SHOTS 2012
    • Valadares
      • Valadares 2011
      • Valadares 2012
      • Valadares 2013
    • Avanca
      • Avanca 2009
      • Avanca 2010
      • Avanca 2011
      • Avanca 2012
      • Avanca 2013
      • Avanca 2014
      • Avanca 2015
      • Avanca 2018
      • Avanca 2019
  • Posters
  • Prémios e Tops
Antestreia

20 anos na fila da frente

Feitos e representacións

Nuno Reis, March 10, 2011
Martin Pawley é o pseudónimo de um dos bloggers cinéfilos galegos com mais anos de actividade. A sua recente passagem para o Xornal não o impede de continuar a publicar artigos de opinião muito perspicazes. O mais recente foi a propósito do tema que está a transtornar Espanha e o mundo: “A Serbian Film” e o cego que não quer ver que isto é apenas um filme.

Hai anos faláronme dunha muller anciá que miraba entusiasmada filmes na televisión, gozaba con eles e choraba a fío vendo, que sei eu, a morte de Spencer Tracy en Capitáns intrépidos. Que no cinema sexa todo mentira non fai menores as emocións, ben o sabemos; o curioso desta muller é que se enfadaba cando atopaba aos poucos días o mesmo actor nun filme diferente. Se morreu na película de antonte, pensaba ela, non ten dereito ningún a aparecer hoxe noutra, co risco engadido de que nesta que botan agora pode acabar morrendo outra vez e en consecuencia volvería sufrir por un home que ao mellor na vida real estaba de festa en Los Angeles. Á emoción seguíalle o enfado e volta a empezar, película vai, película vén. Porque deixar non deixou de ver cinema, como poden supoñer.

Calquera cidadán sensato entende a diferenza que hai entre un feito e a súa representación. Dende pequenos apréndennos que nos filmes todo é reconstrución e finximento, que non son reais os amores e os odios, as vitorias e as derrotas, as risas e as bágoas. As brutais escenas de A Serbian Film son de pésimo gusto, mais non son consecuencia de ningún acto criminal. Ningún adulto e sobre todo ningún cativo foi maltratado durante a rodaxe. O filme de Srđan Spasojević é pura ficción. E mala como a fame, dito sexa ao paso.

Isto sábeno o fiscal que acusa a Ángel Sala dun delito de exhibición de pornografía infantil e o xuiz que tramita a denuncia, mais non lles importa. Ampáranse nun código penal que no artigo 189.7 apunta o castigo para os que difundan material pornográfico aínda que non foran empregados menores directamente, senón “a súa imaxe ou voz alterada ou modificada”. O código penal non distingue neste caso entre realidade e ficción: unha e outra son culpábeis. A cuestión a dirimir, xa que logo, é que entendemos por “pornografía”, un concepto máis asociado á intención das imaxes que ao seu contido. A Serbian Film, iso téñoo ben claro, non pretende producir pracer sexual. Quere molestar e provocar reaccións, mais carece de virtudes como para inspirar un bo debate. Mellor faríamos en ignorala.

Artigo original aqui.

Opinião

Post navigation

Previous post
Next post

Comment

  1. Delfina says:
    March 10, 2011 at 12:40 am

    espero crítica de blue valentine

    *

    Reply

Leave a Reply Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Arquivos

Categorias

Filmes


























  • Política de privacidade
  • Política de Cookies
©2025 Antestreia | WordPress Theme by SuperbThemes